Facultade de Fisioterapia

Oferta de traballo: Contrato Investigador

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece un contrato de investigación.


O candidato deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente para fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo SiDOR (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de supervivencia e fiabilidade, bioinformática, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, teoría da decisión) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e a creación de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, bioloxía ou medioambiente). Candidatos con outras liñas de investigación da área son tamén ben recibidos co ánimo de aumentar as capacidades do grupo.

Para dito posto requírese doutoramento en Estatística, Teoría de Xogos ou Investigación Operativa, ou para non doutores, formación específica (licenciatura, mestrado, etc.) da área da Estatística e Investigación Operativa; ampla experiencia investigadora avalada por publicacións relevantes a nivel internacional en revistas da área, ou para non doutores, bo expediente académico; coñecementos avanzados de programación, e manexo de software estatístico.


As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a co seguinte asunto: Praza Investigación SiDOR. Achegarase documentación acreditativa dos méritos. Se poderán achegar cartas de recomendación.


O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 20 de decembro de 2017.


Máis información dispoñible na Oferta de Traballo

Oferta de Trabajo (castellano)