Facultade de Fisioterapia

Oferta de traballo: Técnico Valorización de Software

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo no marco da súa actividade na Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (TMATI), ofrece un contrato de Técnico superior de apoio á investigación sendo as tarefas a desenvolver a valorización de software xerado polo grupo, relativo a procedementos propios da área de Estatística e Investigación Operativa.


Para dito posto requírese Licenciatura ou Grao, valorándose a formación específica na área de Estatística e Investigación Operativa, coñecementos e experiencia en linguaxe de programación, manexo avanzado de software estatístico, e bo nivel de inglés falado e escrito.


As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a co seguinte asunto: Praza SiDOR: Técnico Valorización Software . Achegarase carta de presentación, expediente académico, CV e documentos acreditativos dos méritos recollidos nel.

O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 19 de febreiro de 2018.


Máis información dispoñible na Oferta de Traballo